martes, 30 de marzo de 2010

Comunicado de ATTAC Sinerxia contra a privatización do novo hospital de Vigo.

Nos últimos tempos a Sanidade Pública, patrimonio de todos, está sendo obxecto dun ataque sen precedentes para proceder á súa demolición, desmontaxe, e sustitución, pasando de ser considerado o coidado dos enfermos un servizo público a plantexalo como un negocio, e unha mercadoría mais.

Os promotores desta mercantilización da saúde, non por ben sabidos, soen aparecer como tales nos medios de comunicación e conformación de opinión maioritarios. Detrás desta estratexia, están grandes grupos financieiros, constructoras e grandes empresas, que gracias ó seu acceso privilexiado á clase política, son capaces de influír nos nosos dirixentes, os cales fan oídos sordos á voz das clases sociais mais desfavorecidas (aquelas que se benefician da saúde pública), e ignoran o carácter de servizo público consegrado na lei que ten a atención sanitaria. Deste xeito, implementan varias estrategias para mercantilizar a saúde, converténdoa nun negocio.

Un dos mecanismo empregados mais extendidos, iniciado por Margaret Tatcher nos 80 en Reino Unido, e importado en Madrid, Valencia e agora Galicia polo Partido Popular, é a xestión privada de recursos públicos. Os hospitais e centros de saúde son oficialmente públicos, pero son entregados a diversas empresas para que se fagan cargo da súa xestión. Isto é un negocio redondo, xa que o xestor ten todas as avantaxes e ningún dos problemas que supón construír e manter un hospital, xa que se fai cos cartos públicos, e págase xenerosamente cos mesmos a cada xestor polos seus “servizos”, preocupándose este tan só de rendir beneficios para un mesmo. O problema é que isto supón, como se ten penosamente comprobado en Reino Unido, Madrid e Valencia, unha mengua de recursos sanitarios, un malgasto de cartos, e un aumento do gasto sanitario. As únicas ventaxas son para o que leva o beneficio, que convírtese no beneficiario principal dos recursos e cartos públicos, por enriba do interese cidadán. Esta é unha estratexia ben coñecida, consistente, en última instancia, en convertir os servizos públicos en canais de transferencia de cartos do Estado á empresa privada pola vía da prestación de servizos. Deste xeito, o servizo público mantense nominalmente, pero é realmente convertido nunha mercadoría mais ata que deixa de ter sentido como servizo público. É un asalto do capital privado sobre o público que tamén se está a producir nas pensións ou na educación, tanto primaria e secundaria coa promoción da ensinanza concertada, como na universitaria co Plan Bolonia. É o asalto e saqueo do público, o que poderíamos decir, sen ambaxes, un roubo.

¿Cómo evitar isto?. ¿Cómo prevenir este roubo?. Só a movilización cidadá pode facelo. E esta movilización cidadá, para ser efectiva, debe de estar ben informada, contrarrestrando o abrumador discurso neoliberal dos medios de comunicación maioritarios, que continuamente serven de altavoz para estudiosos e “gurús” supostamente informados que tratan de socavar os servizos públicos mediante o cuestionamento da súa viabilidade, empregando un discurso economicista supostamente neutral, pero que en realidade é profundamente ideolóxico. Por iso, dende ATTAC Sinerxia, promovemos a información, a educación e a movilización cidadá como ferramentas básicas de defensa do dereito cidadá a unha sanidade para todos e de todos.

POLA SANIDADE PÚBLICA, NON Á REFORMA E MERCANTILIZACIÓN DA MESMA

No hay comentarios:

Publicar un comentario