viernes, 22 de enero de 2010

Mesa redonda do 21 de Xaneiro

Con algunha modificacións nos compoñentes da mesa, a actividade do 21 de Xaneiro foi un éxito, con gran afluencia de público, que encheu a sala, e un fructífero debate sobre as caixas de aforro galegas, os seus problemas, a relación de estes coa coxuntura financiera neo liberal a nivel mundial e peninsular, e a proposta de solucións baseadas na xustiza fiscal e económica. Dende ATTAC Sinerxia damos gracias ós participantes e ó público, e invitamos a asistir a mais accións e actividades futura sobre o tema, que esperamos teña un percorrido mais longo e non quede só eiquí. Para ver fotos do acto podedes consultar a pestaña correspondemte neste blogue. Saúdos.

viernes, 8 de enero de 2010

MESA REDONDA SOBRE CRISE FINANCIEIRA DAS CAIXAS DE AFORRO GALEGAS: CAUSAS, CONSECUENCIAS E POSIBLES SOLUCIÓNS.


O vindeiro día 21 de Xaneiro de 2010 ATTAC Sinerxia organiza unha mesa redonda sobre a crise financiera das caixas de aforro galegas. Terá lugar na Casa da Cultura Galega, na Praza da Princesa de Vigo, de 19:00 a 21:30 horas.
Dende ATTAC Sinerxia pretendemos, mediante a creación desta mesa redonda, de introducir no debate público dende unha perspectiva baseada na xustiza social un tema de actualidade como é o da crise financieira, as súas consecuencias e as súas posibles solucións. Buscamos centrar este debate nas Caixas de Aforro pola súa importancia histórica como servizos financieiros da sociedade galega, que tradicionalmente recurríu ás caixas como un dos elementos fundamentais de apoio para a actividade e a economía de particulares e PEMES, un dos puntais fundamentais da vida económica galega. Agora, cunha grave crise en marcha, onde o sector financieiro está especialmente involucrado no caída da actividade económica e o drama do paro, pretendemos facer unha reflexión aberta sobre cales son as consecuencias desta crise financieira a nivel galego e español, as consecuencias que ten e terá, e as posibles solucións económicas e políticas á dura realidade que estamos a atravesar, todo tendo sempre presente a necesidade de construir alternativas que fomenten un desenrolo económico sostido e xusto para todos, onde o sistema financieiro deberá ter un papel fundamental. De ahí a importancia deste debate, que non debe ser sustraído a cidadanía, senón que debe ser aberto e transparente. Para isto, pretendemos abrir a discusión a políticos, expertos e movementos sociais, de xeito que poidamos escoitar todas as voces e construír unha alternativa de futuro democrática nun eido tan esencial para todos e todas.

Teñen confirmada a súa asistencia Xavier Vence (USC), Aureliano García-LLanos (economista), Miguel Quinteiro (Coop57), Henrique Vieitez (deputado do BNG no Parlamento Galego) e un representante de Esquerda Unida. Animamos a todos os membros e simpatizantes de ATTAC a asistir e participar neste este acto, que seguro que será do voso interese.