miércoles, 17 de marzo de 2010

Por outro sistema financieiro. Conclusiones da mesa redonda sobre caixas galegas e a crise financieira

O presente texto recolle as conclusións da mesa redonda celebrada o pasado 21 de Xaneiro, promovida por ATTAC Sinerxia, e que tratou das caixas galegas e a crise financieira. A partires do falado na mesa, e das consideracións dos membros de ATTAC Sinerxia, velaí o que expoñemos ó respecto:

A CRISE FINANCIEIRA EN GALICIA E A SÚA RELACIÓN COA CRISE MUNDIAL: POR OUTRO SISTEMA FINANCIEIRO, DEMOCRÁTICO E SOCIAL.

Hoxe en día hai un tema que non deixa de aparecer na prensa galega: a fusión das dúas caixas galegas nunha sóa. Dícese por unha banda que isto é necesario para salvaguardar a galeguidade das caixas, que só poderían sobrevivir se unen forzas. Por outra banda, sectores sociais e políticos opóñense á fusión argüíndo a perda de influencia nas caixas de certas comarcas, como no caso de Vigo. Dende ATTAC Sinerxia, sen embargo, pensamos que isto é un debate que só pretende ocultar, ben por descoñecemento ou ben por intereses creados, a realidade financiera das caixas, as causas dos seus problemas financieiros, e a política real que se está a facer con elas.
A crise das caixas ten, sen dúbida, que ver coa crise financieira mundial, reflexada a un nivel local e comarcal. Nos últimos vinte anos o capitalismo entrou nunha deriva financieira, na que este sector da economía foi pouco a pouco apoderándose dos resortes da economía mundial, poñendo ó resto da actividade económica, isto é a economía realmente productiva, ó servizo da especulación de activos, derivados, accións e demais productos financieiros. Esta deriva especulativa, da cal a burbulla inmobialiaria é un sintoma claro, é unha das causas principais da actual crise, sendo un dos responsables máximos da mesma o sector bancario, que libre de calquera control democrático lanzóuse a unha actividade especuladora sen freo que creou unha inmensa burbulla especulativa, que no seu estalido arrastrou ó resto da economía a unha recesión sen precedentes dende o 29. En certo xeito, na crise das caixas galegas atopamos moitos destes factores. En primeiro lugar, tense dado un proceso de usurpación do papel das caixas, vinculadas a unha tradición de servizos financieiros orientados ó ben da cidadanía e o combate da usura, por un papel cada vez mais cercano á banca comercial, entrando por tanto nesta voráxine especulativa, de xeito significativo mediante a participación no negocio da construcción, instrumento básico da especulación económica neste país. En segundo lugar, e de xeito paralelo, as caixas foron pouco a pouco perdendo a súa cercanía coa economía local e comarcal, á que servían tradicionalmente, e perdendo por tanto o seu governo o carácter democrático e popular que tiñan nas súas orixes. Polo tanto, na crise das caixas galegas podemos comprobar como, tamén en Galicia, a financiarización da economía e a súa progresiva disociación da vontade popular foron da man, e ó final os que pagarán as consecuencia serán os menos responsables, isto é a cidadanía galega. Ó final, parece que o obxectivo e converter ás caixas nun negocio mais, e tendo en conta que en España o 60% dos depósitos están nas diversas caixas, podemos entender o porqué deste interese: é un negocio moi lucrativo, feito cos cartos de todos. E tendo en conta os precedentes, seguramente será un negocio irresponsable social e economicamente
Dende ATTAC Sinerxia denunciamos esta deriva en Galicia e no resto do mundo, e propoñemos como solución á crise das caixas recuperar o seu carácter social, fomentando a través delas servizos financieros que atendan á economía productiva, prohibindo a especulación cos aforros dos cidadáns, cambatindo a usura, os paraísos fiscais e a concentración financieira que se traduce nunha perda de democracia nas decisións que atañen á economía galega e española. Por iso, este debate debe de ser reorientado, se de verdade o que importa é ter unhas caixas galegas que respondan ás necesidade e vontade da cidadanía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario