jueves, 4 de febrero de 2010

O BNG e as caixas

A continuación expomos algunhas reflexións sobre o tema do noso compañeiro Miguel Quinteiro, que esperamos sexan do voso interés.

Comentarios ao vídeo de Guillerme Vázquez, no que denuncia a actitude do Banco de España, que ao parecer vai impugnar a Lei de Caixas de Aforro da Xunta de Galicia. Os seus argumentos céntranse en que se trata dun espolio dos aforros galegos, que llos queren levar fóra de Galicia. Quizá. Pero o tema é máis complexo.

Caben outras explicacións:

Os que gobernan son meros instrumentos do poder financeiro, que ten o obxectivo de converter as Caixas en Bancos privados, para poder absorbelos como fixo ca banca pública. Por iso interesa concentralas, para facilitar a súa “reconversión”. Asi pois, a fusión, é un tránsito para facilitar un obxectivo maís profundo que unha simple redistribución de recursos.

O banco de España, non ten capacidade lexisladora: somentes vixía se cumpra “as boas practicas bancarias”. E dicir, que se axusten ás normativas ditadas polos propios bancos, ca complicidade cos lexisladores, que se prestan a favorecer os intereses especulativos dos bancos, como foi suprimir como delito a USURA (no 2003).

A estratexia ven de lonxe: Primeiro, os Consellos das Caixas “privatízanse”, ou o que é o mesmo, ningúnease a participación nos mesmos dos representantes do pobo (alcaldes, sindicatos, entidades sociais, traballadores da caixa, etc.) dándolle a maioría a uns teóricos representantes dos clientes, elixidos nun procedemento totalmente antidemocrático, co que se perpetúa a permanencia dos “técnicos” o servizo do sistema, ca complicidade dos dirixentes políticos.

Logo conseguiron, ca complicidade dos políticos e dos "técnicos" que as dirixen, convertelas na practica en BANCOS especulativos, afastando as Caixas dos seus obxectivos fundacionais, entre os que se atopaba un imprescindible apoio financeiro ó desenrolo da bisbarra, facilitando o aforro popular e súa inversión no ámbito no que foron creadas, para competir a actitude da banca comercial, dedicada a espolo financeiro que nos levou a crise. Suprimindo así unha competencia que frearía a avaricia dos bancos, dispostos a encarecer os custos dos servizos financeiros, como veñen facendo con total impunidade.

Así pois sorprende a inxenuidade do BNG, crendo que a fusión vai servir para algo, ignorando que a crise prodúcese ciclicamente porque así lle convén os financeiros, que teñen perfectamente calculado os riscos e os obxectivos, e que cando lles pete a crise será superada, repetindo o mesmo proceso, até unha nova crise, cada cal máis aguda. O exemplo témolo na Bolsa, onde deciden facer flutuar as cotizacións para xerar as súas ganancias.

¿Como se pode interpretar o insólito feito de que os "responsables" dos problemas dos bancos, son xubilados con indemnizacións de escalofrio?. Prémiase a incompetencia?..En absoluto, recoñéceselles o mérito de cumprir os plans que interesan aos financeiros. A crise estaba perfectamente programada.

Daba por suposto que o BNG a mais de nacionalista tamén lle preocupa o futuro da sociedade na súa globalidade, disposto a defender e manter unha actitude critica co sistema económico-financeiro, instrumento de asoballamento dos pobos e das culturas.

¿Crear unha banca pública Galega?. Ben, si é para substituír a privada, pero as Caixas, si se quere facer algo con elas, sería mais ben devolvelas ao seu ámbito e controlalas a través da Federación de Caixas Galegas, agora en desuso, ou cando menos non ser cómplices da manobra. Pero, inescusablemente, esixir a democratización dos seus consellos, e ditar una Lei que as controle e evite a súa entrega a Banca.

A motivación da banca, para conseguir o que se di, e evidente: As caixas representan a metade dos recursos financeiros do pais. Apoderarse de seu control, suponlle duplicar os beneficios de forma inmediata.

Parece por tanto que o BNG non ten claro o obxectivo de conquerir unhas finanzas éticas, como primeiro paso para combater a crise e avanzar nun mundo mais xusto, onde sexa doado alcanzar os obxectivos nacionalistas tantas veces proclamados, pero inalcanzables no contexto actual.

M.A. Quinteiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario